Wednesday 08 de May de 2024

O mercado do Nadal pobrense inaugurarase no 3 de decembro


O Cantón da Leña converterase en centro neurálxico dun mercado do Nadal do día 3 de decembro ao 5 de xaneiro. Estará integrado por un total de nove postos do comercio de proximidade dedicados á artesanía, gastronomía, moda, bixutería e accesorios. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; e Estrella Lijó, quen participará por primeira vez co seu negocio neste proxecto.

Os obxectivos son darlles soporte a novas iniciativas empresariais, outorgarlles un escaparate e diversifica-la oferta de actividades nestas datas sinaladas.

O horario de apertura será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, principalmente, durante as fins de semana.

Tamén se indica que no 2 de decembro pecha o prazo de inscrición no III Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, que repartirá un premio por cada parroquia, consistente nunha gran cesta do Nadal composta de produto local.